Esta páxina é unha axuda para a primeira instalación e configuración do Dokuwiki. Se quere máis información sobre este instalador, está dispoñíbel na súa propia páxina de documentación.

O DokuWiki usa ficheiros normais para o almacenamento das páxinas do wiki e outra información asociada ás mesmas (por ex. imaxes, índices de procura, revisións antigas etc.). Por iso, para poder operar correctamente, o DokuWiki precisa ter acceso de escritura nos directorios que conteñen eses ficheiros. Este instalador non é quen de configurar os permisos dos directorios. Isto debe facerse normalmente de xeito directo na liña de comandos ou, se está a usar unha hospedaxe, a través do FTP ou do panel de control da súa hospedaxe (por ex. o cPanel).

Este instalador configurará o seu DokuWiki para o uso da ACL, o cal lle permitirá á persoa administradora iniciar unha sesión e acceder ao menú de administración do DokuWiki para instalar plugins, xestionar as persoas usuarias e os accesos ás páxinas do wiki; ademais de modificar a configuración. Non é imprescindíbel para o funcionamento do DokuWiki, mais fai moito máis doada a administración do mesmo.

As persoas usuarias expertas ou con requisitos especiais de configuración poden visitar as seguintes ligazóns para obter os pormenores relativos ás instruccións de instalación e á configuración.